الخميس، 29 مارس 2012

Xaime Quessada



















































Xaime Quessada
Xaime Quesada Porto, coñecido artisticamente como Xaime Quessada, nado en Ourense o 14 de xullo de 1937 e falecido en Vilar de Astrés o 30 de decembro de 2007, foi un pintor, escultor e escritor galego.
Formouse na Escola de Belas Artes de San Fernando, en Madrid. Nos anos cincuenta frecuenta o grupo de artistas ourensáns nucleados ao redor do Café Volter, denominado Os Artistiñas por Vicente Risco (a canda Virxilio, Xosé Luís de Dios, Acisclo Manzano ou Buciños). Obtén a medalla de ouro na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1959. Trasládase a vivir a París en 1962, e posterioremente móvese a Estados Unidos, onde traballa na década dos oitenta para a Unesco como artista nun proxecto sobre o Quixote.
Nas súas obras destacan as referencias mitolóxicas, as figuras naturalistas moi coridas, e os corpos esvaídos. Son constantes os motivos e cadros inspirados en Goya (como a súa serie negra) e mais en Picasso, con numerosas versións do Guernica e do minotauro.
Os seus murais e lenzos de grande tamaño están presentes en moitas pinacotecas europeas, como o Museo Nacional de Arte Moderno de México, o Museo do Pobo Galego, ou o Museo da Habana. Tamén ten obras como os teitos do Teatro Principal de Ourense, no Parlamento de Galicia e diversas esculturas públicas na cidade de Ourense.
Tamén realizou escenografías e vestiarios para montaxes teatrais, así como diversas ilustracións para libros.

ليست هناك تعليقات:

إرسال تعليق